Efecto desgaleguizador é un xogo de rol para tres xogadoras no que se observará como as diferentes fases do sistema educativo afectan á fala do galego. Composto por unha única páxina, céntrase nas diferentes etapas educativas de Hadri, que sempre escoitou unicamente galego na súa casa até os tres anos. Unha participante interpretará a Hadri, mentres que as outras encarnarán a varios... [click here for more]
Neste xogo de rol en solitario interpretarás a unha neofalante enfrontándose a unha entrevista de traballo para unha gran industria galega. A entrevistadora que terá a última palabra sobre a túa contratación non fala "el gallego", senón que fala castrapo. A túa tarefa será agradala sen traizoar moito os teus ideais lingüísticos.
Para xogar só precisarás estas regras, unha baralla española... [click here for more]
Xogo de rol nunha única páxina pensado para que unha persoa leve as tarefas de dirección, namentres as outras interpretan cadansúes alieníxenes na procura de axuda para salvar o seu planeta a través do deporte. Trátase dun sistema pensado para ser xogado nunha única sesión dunhas tres horas.... [click here for more]
Xogo de rol onde os xogadores son espías da TVG (Técnicos Vixías de Galicia), infiltrados na CRTVG (Corporación Radio e Televisión de Galicia) para salvagardar a cultura do país. Inda que normalmente os espectadores non se enteran, non son poucas as ameazas que agardan o intre axeitado para comprometer as emisións e, por tanto, a estabilidade nacional.
Hack de Lasers & Feelings. ... [click here for more]